Quedanme poucos dias para deixar a cidade, todo foi bo. Sei que voltarei, pois non e unha viaxe que se tenha que programar demasiado e a sensacion que deixa Londres e agradable. E unha cidade moderna que respecta o clasico, revision permanente da tradicion para adaptala o mundo de hoxe.
Non sei se habera outra metropolis que conviva tan ben cos espacios naturais, na que o formigon nunca chegue a protagonizar a paisaxe, para min esto e exemplar, o que mais me gusta de aqui.
Nestes dous meses non tiven tempo a profundizar, pois tinha que traballar e nen sequera fun a academia para practicar o ingles, pero sempre tes contacto cos ingleses e co seu idioma, ainda que as veces e complicado entenderse, hai algo subliminal que permite mostrarte como sempre o fixeches. Eu aqui quixen facilitar no entorno laboral o xeito de chamarme, sobre todo porque para polacos, bengalies, griegos e arxelinos dicir Guillermo e costoso polo que me presentei como William pero o pouco tempo, non sei porque, todo o mundo intentaba chamarme Guillermo. Ainda que Guillermo e William son o mesmo: distinto continente para o mesmo contido, Guillermo e a definicion mais aproximada do que son. Por eso non me chamo Miguel.