lunes, diciembre 15, 2008




Hoxe caminhei sen parar, estiven en Victoria a primeira hora a recoller as minhas tips da pasada semana, baixei ate a beira do rio no corazon de Westminster, Trafalgar Square, Charing Cross Soho...


Ocurreuseme ir visitar o Centro Galego, morrinha ou que sei eu, xa ian ser as duas e decidin non comer para poder picar algo logo, o son dunha muinheira. Bus Pass dun dia e venha que si o 19, o 18, o 14 infinidade de buses e ainda asi percorrin kilometros caminhando. Ian ser as 4 da tarde e ainda non atopara o centro galego, dinlle a volta a un cemiterio, con medo pois xa era noite e os cemiterios aqui son identicos os dos comics de terror e a zona do Centro Galego de Londres non e precisamente videovixilada...Estaba pechado: nen polbo, nen Ribeiro. Funme resignado pois polo menos conhecera novos lugares e voltei o centro: Oxford Street, a Sodoma e Gomorra do consumismo, moreas de xente mercando roupa e agasallos, ringleiras para facerse cun Rolex, iPods, xoguetes en Hamleys; unha xogueteria de 6 andares con cousas increibles(visitarei esta cidade con Andrea).


Eran as 6 da Tarde e todavia non comera, e non solo iso, non gastara un penique.. toda esa xente en pleno Credit Crunch mercando desquiciadamente e eu ponhendo a proba a minha castidade consumista. Rachei con esa postura insolente, decidin, ainda que fora, gastar parte das propinas que recollera pola manha na Tasca para comer algo. Non me convencian os aromas thailandeses nen os turcos, nen indios, dubidei cos italianos e pubs do pais, non estaba en plan exotico, quizais pola minha frustracion co polbo e o ribeiro merquei media ducia de castanhas que un home asaba en pleno Oxford Street, e e que esta cidade tenche de todo mehome!! faltelle o mellor unha raxeria pulperia sala de festas... algho asi

2 comentarios:

El joven Bryan Superstar dijo...

e o churrasco

Unknown dijo...

Guillermo... Canto tempo! Espero que todo che vaia ben. Eu sigo tamén lonxe da terra... snif.